HISTORIA

O clube Arealonga FS Chapela foi fundado no ano 2004 da man de Iván J. Vázquez Figueroa, actual presidente do mesmo. Este club naceu da máis humilde das maneiras, no CEIP Laredo, onde cabe agradecer a colaboración, daquel entón director por permitir usar dito colexio para fomentar este deporte e á vez algo que xamais se imaxinaba o grande que ía a ser e a labor social que se ía realizar no pobo co paso do tempo.
Foron moitos os anos que este club pasou adestrando na pista desta escola baixo a choiva e o frío do inverno. Algo que se creou a partir dunhas cantas rapazas que se adicaban a darlle patadas a un balón no seu tempo libre, foi collendo forma e pouco a pouco chegamos á formación do Arealonga FS Chapela o cal na actualidade conta con 14 categorías mixtas (competindo tanto en ligas local, provincial e autonómica) dende biberón ata sénior; formadas por máis de 150 xogadores/as e con dous pavillóns facilitados polo Concello de Redondela para os adestramentos.
Destacar por outra banda o xa famoso anual Torneo celebrado en Chapela dende fai máis de dezaseis anos, que dá comezo ao verán. Nada disto sería posible sen a adicación da do equipo directivo, do equipo técnico formado por adestradores e delegaados, así como as nais, pais e demais familia, e en especial e fundamentalmente aos xogadores/as que fan todo o posible por sacar este clube adiante, practicar deporte e continuar crecendo día a día.
O Arealonga FS Chapela destaca polo seu traballo, a súa humildade e o seu compañeirismo, adxectivos que fan posible que funcione como unha gran familia, sendo esta a base do seu éxito. Mostra da súa solidariedade é o Torneo O Cabeiriño que se celebra todos os anos no que se realiza a recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas do concello.
O clube, fai unha clara aposta por todos aqueles nenos/as e mozos/as que desexan practicar este deporte sexan ou non do barrio e de forma especial polo fútbol sala feminino, pois grazas a elas se fixo posible algo tan fermoso.